|
|
 |
O dia 19 de abril de 2012 alumnos de 4º da ESO,1º e 2º de BAC, da rama de Artes, visitaron a Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo acompañados polos profesores de Arte, María Reboredo e Ignacio López. Alí foron recibidos polo vicedirector da Escola Alejandro Carro, que lles amosou as instalacións da mesma e lles presentou aos profesores das distintas especialidades. |
|
|
Ler máis...
|
|
 |
O pasado mércores 28 de marzo de 2012 os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron nunha actividade, de carácter eminentemente lúdico, denominada “Judo na escola”. As sesións leváronse a cabo nas instalacións do colexio e foron impartidas por técnicos da Federación Galega. O obxectivo das mesmas centrouse en coñecer e desfrutar desta modalidade deportiva a través do xogo. |
|
|
Ler máis...
|
|
 |
A semana do 14 ao 21 de marzo, o colexio Fingoi recibiu a visita de 15 alumnos de 3º ESO do colexio Descartes de Antony, que está a uns 10 km de París, acompañados polas súas dúas profesoras. Foron acollidos polas familias dos alumnos de 4º ESO e realizaron saídas á cidade de Lugo, Santiago de Compostela, ao castro de Viladonga e a Taramundi. |
|
|
Ler máis...
|
|
 |
O grupo de 3º ESO realizou do 26 ao 30 de marzo de 2012 unha viaxe de estudos na que percorreron boa parte do norte peninsular. En León visitaron a catedral e a colegiata de San Isidoro (gran exemplo da pintura románica). En Burgos o itinerario consistiu nunha sesión divulgativa na central nuclear de Garoña, unha visita guiada á catedral da cidade e ao Mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas e un percorrido polo Museo da Evolución Humana. |
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 11 de 87 |